Son mellores os deportes individuais ou en equipo?
O vindeiro xoves, 11 de abril, as 20:00 horas, preséntase no Espazo colaborativo da
Casa das Letras de Ribadeo “O SENTIDO EDUCATIVO DO DEPORTE”, unha charla coloquio destinada a nais, pais e adestradores infantís e xuvenís.
Falarán Juana Blanco, profesora de Psicoloxía da Escola Galega de Adestradores
de Fútbol e Manuel Valcárcel “Ventura”, entrenador do clube de atletismo Albións.
Está organizada polo Espazo de Aprendizaxe e Creatividade Pedagóxica MAUmarela!
Ribadeo, 5 de abril 2013.- Fomentar un senso educativo no deporte e dar resposta a algunhas das inquedanzas máis habituais arredor do deporte infantil son os obxectivos da charla coloquio O SENTIDO EDUCATIVO DO DEPORTE, organizada polo Espazo de Aprendizaxe e Creatividade Pedagóxica MAUmarela! o 11 de abril, ás 20.00 h, no Espazo Colaborativo da Casa das Letras, en Ribadeo.
Debo quitar ao meu fillo de fútbol se saca malas notas? Son mellores os deportes individuais ou en grupo? Pode un neno ou nena tímido sentirse parte dun equipo? É boa a presión no deporte? Que facer cos talentos deportivos? E cos nenos e nenas que non presentan boas aptitudes físicas? Juana Blanco, profesora de Psicoloxía na Escola Galega de Adestradores de Fútbol e Fútbol Sala, e Manuel Valcárcel Lastra “Ventura”, preparador do equipo de atletismo Albións, tentarán dar resposta a estas preguntas.
Os dous ponentes están de acordo en que o deporte é unha actividade fundamental na infancia, aporta valores como a obediencia, o respecto polos contrarios, a amizade, a aceptación do fracaso, a socialización. “Axúdache a organizarte, a inhibirte de outros vicios, promove unha vida sa…. “, sinala Ventura. Sen embargo, cómpre darlle ao deporte un “sentido educativo” para que isto sexa así, como apunta Juana Blanco. Pois o deporte é unha parte máis da vida, e hai que desfrutalo. “É importante traballar a autoestima e a motivación nos nenos, e buscarlles aquel deporte que se lles dea ben”. Porque a esixencia e a excesiva competitividade poden facer que os nenos abandonen.
MAUmarela! organiza esta charla coloquio como parte da súa aposta por explorar e difundir todo aquilo que poida contribuír á motivación dos nenos e adolescentes ante os estudos, e fomentar neles valores para a vida.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



