A asociación ‘O parto é noso’ iniciou unha campaña que ten como obxectivos expoñer os graves riscos que a manobra de Kristeller implica tanto para a nai como para o bebé. Segundo informa o colectivo, a manobra de Kristeller é a presión que se exerce cos puños ou co antebrazo, coincidindo cunha contracción e o puxo da nai. Trátase dunha técnica realizada con frecuencia nos hospitais galegos e españois, entre eles o Hospital da Costa, a pesares de estar prohibida en países como Alemaña e Gran Bretaña, e de estar catalogada como “non recomendada” pola Sociedade Española de Xinecoloxía e Obstetricia. Baixo o lema “Stop Kristeller: unha cuestión de gravidade” a campaña ten como obxectivo concienciar á sociedade en xeral, e en particular ás futuras nais e ao persoal sanitario das importantes lesións que esta manobra pode producir. Máis información en http://elpartoesnuestro.es/blog/2013/03/06/el-parto-es-nuestro-presenta-la-campana-stop-kristeller.
‘O parto é noso’ comezou coa campaña “Stop Kristeller”
‘O parto é noso’ comezou coa campaña “Stop Kristeller”
Relacionado
-
O Deputado de Recursos Sostibles, Francisco Cajoto Caserío, participou este venres xunto ao Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, na inauguración do XXV Encontro Internacional de Torneiros da Madeira
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional