Logo de que na Xunta de Goberno de hoxe se aprobase a proposta de convocatoria e das bases para a provisión do posto de traballo denominado xefe do servizo de contratación e fomento da Deputación provincial de Lugo reservado a persoal funcionario a prover polo sistema de concurso específico de méritos.
• O PP pregúntase qué buscaba Besteiro con esta situación anormal nun servizo tan importante para velar pola legalidade nos procesos de contratación.
• O PP non descarta pedir responsabilidades ante esta situación e de xeito inmediato vai a poñelo en coñecemento do Consello de Contas.
Lugo 5 de abril de 2013.- Despois de saber que na Xunta de Goberno de esta mañá se aprobou a convocatoria e as bases para a provisión do posto de traballo denominado xefe do servizo de contratación e fomento da Deputación provincial de Lugo reservado a persoal funcionario a prover polo sistema de concurso específico de méritos, a voceira do PP no Ente Provincial manifestou que José Ramón Gómez Besteiro tardou case tres anos en dotar ao servizo de contratación e fomento da súa correspondente xefatura.
Fai Elena Candia unha cronoloxía no tocante a este servizo afirmando que inicialmente, nunha reorganización que acomete o señor Besteiro, por acordo plenario, do 26 de febreiro de 2008, reorganiza o servizo suprimindo o xefe de servizo de contratacións e plan, creando unha nova figura e reorganizando o servizo indicando que corresponde a secretaría xeral adxunta as funcions e responsabilidades directas do servizo de contratación e fomento
Continúa a popular manifestando que dous anos despois, no acordo plenario do 27 de xullo do ano 2010, crea novamente este posto, como vacante non dotada, que inicialmente lle parecía innecesario pero que agora motiva como: “completamente necesario, porque o servizo existe e necesita que exerza esa función”. “Primeiro considerabao imprescindible pero agora completamente necesario”- di Candia.
A popular afirma que non é ata o 29 de novembro de 2011 cando a dota económicamente e é o 27 de novembro de 2012 cando se abre a posibilidade de que concurran funcionarios pertencentes a toda a Administración Local.
Ante esta situación, a voceira popular pregúntase: “Quen exercía as competencias e asumía as responsabilidades do xefe de servizo de contratación?- engade Candia que aparentemente podería pensarse en que as funcións eran desempeñadas polo secretario xeral adxunto pero como este asumía as de secretario xeral, logo da xubilación do mesmo, realmente teríamos vacante a de secretario xeral adxunto.
Para o PP, todo parece indicar, que para cubrir este vacío, proceso non exento de opacidade e xerando unha situación como mínimo anormal, aparece unha nova figura, que denominan “responsable do servizo de contratación e fomento” denominación do posto que non está encadrada en ningún dos sete postos que aparecen adscritos ao servizo de contratación en fomento e que según fontes consultadas polo PP ven desempeñándose por un funcionario en situación de interinidade e sen estar nomeado en ningúen decreto
Conclúe a popular preguntándose qué buscaba Gómez Besteiro con esta situación anormal nun servizo tan importante para velar pola legalidade nos procesos de contratación e non descarta pedir responsabilidades ante esta situación e de xeito inmediato vai a poñelo en coñecemento do Consello de Contas, Órgano Fiscalizador.