A Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez; o presidente de Periodipesca, Luis Macías, e o alcalde de Navia de Suarna e deputado provincial, José Fernández, presentaron o XXI Congreso Periodipesca nun acto que tivo lugar esta mañá no Salón de Actos de San Marcos. Este evento, que se celebrará no Concello de Navia de Suarna do 28 de abril ó 1 de maio, reunirá a preto dun centenar de expertos, xornalistas e escritores especializados en caza, pesca, medio ambiente e turismo rural e de aventura.
Méndez quixo agradecer ós organizadores que pensarán novamente en Lugo para celebrar esta xuntanza, posto que é un xeito de “promocionar as innumerables posibilidades que ofrecen os recursos naturais” da provincia, e convertila nun foro aberto de debate de temas de actualidade, moitas veces polémicos, “dende o rigor e o diálogo enriquecedor”. A modo de exemplo, a Vicepresidencia mencionou “as indemnizacións por danos provocados pola fauna salvaxe, que en Galicia veñen de sufrir un novo recorte”, reducindo estas a “tan só 110.000 euros”, ou a “redacción do Anteproxecto da nova Lei de Caza de Galicia, contra o que se presentaron 1.100 alegacións por parte de organizacións profesionais e técnicos independientes”.
Pola súa banda, Luis Macías, tamén agradeceu a Deputación a colaboración prestada dende hai anos pola institución provincial coa organización do Congreso, que xa se ten celebrado en máis ocasións en diferentes Concellos lucenses, coma A Pontenova, Meira, Pantón, Monforte, Mondoñedo, Becerreá ou A Fonsagrada.
Conferencias e debate aberto
O XXI Congreso Periodipesca dará comezo o vindeiro 28 de abril, coas ponencias de varios expertos, que darán pé a debates abertos entre os asistentes. Jesús Marquina Olmedo, Xefe de Caza e Pesca da Xunta de Galicia, abordará o polémico tema do Anteproxecto de Lei de Caza e o seu encaixe coa Lei de Caza do Estado.
Pola súa banda, Nava Castro Domínguez, Directora da Axencia de Turismo de Galicia falará acerca de Natureza, caza e pesca. Activos a explotar en Galicia, e Eduardo García Carmona, xornalista especializado caza, pesca e natureza ofrecerá ós asistentes os seus coñecementos sobre Pesca continental, turismo e redes sociais.
As actividades continuarán o resto dos días, con numerosos encontros e mesas redondas entre os participantes; concursos de pesca sen morte; ou proxección de documentais, ademas dos percorridos que os expertos participantes farán polo Concello de Navia e os limítrofes, coma Cervantes, para comprobar o potencial que a Montaña luguesa e o resto da xeografía da provincia ten que ofrecer.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



