Segue en Ribadeo a campaña Elixe ao mellor praceiro/a, na que os clientes poderán optar a sorteos de cheques de consumo na praza de abastos de Ribadeo. Os que realicen as súas compras ata o 3 de maio recibirán un cupón por cada compra realizada. Terán que enchelos co seu nome, apelidos, idade e teléfono e indicar o número do posto do seu praceiro ou praceira favorita. Os días 12 de abril e 3 de maio procederase a elixir ao azar tres cupóns e os clientes agraciados recibirán cheques de compra por valor de 25, 50 e 75 euros. O primeiro dos sorteos este venres 12 de abril ás 10 da mañá na praza de abastos ribadense.
Primeiro sorteo de ‘Elixe ao mellor praceiro/a’ en Ribadeo
Primeiro sorteo de ‘Elixe ao mellor praceiro/a’ en Ribadeo
Relacionado
-
Marisol Morales, a gañadora da viaxe a México, sorteado por Acisa no marco do pasado Ribadeo Indiano, goza estes días do seu premio
-
A UNED de Lugo ofrece unha conferencia sobre o uso da voz na divulgación científica e no liderado profesional
-
Esta fin de semana a Bolera Municipal de Sumoas, Xove, acollerá unha cita deportiva de máximo nivel: o Campionato de España Feminino Iberdrola, nas modalidades individual e por parellas