A Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña convoca unha reunión informativa para finais deste mes. O acto celebrarase o sábado 27 a partir das cinco e media da tarde no salón de actos da Casa da Cultura do Valadouro. Cristina Fernández, da Plataforma Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña; Miguel López Crespo, Unión de Consumidores de Galicia; e o avogado Roberto Guerra avaliarán a situación actual e tamén abordarán a vía arbitral, a quita e as consecuencias, a vía xudicial; ademais de aclarar calquera dúbida ou observación que se lles faga chegar.
Reunión informativa da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña
Reunión informativa da Plataforma de Afectados Preferentes e Subordinadas da Mariña
Relacionado
-
RadioVoz emitirá este venres desde Foz un programa especial para toda a provincia
-
Desde o 23 de xullo e ata o 29 de agosto un grupo de 30 rapacxs de entre 6 e 19 anos, participaron dous días á semana nun curso de pádel que se levou a cabo dentro da programación de verán ofertada polo Concello de Xove
-
O Circuíto Galego de Teatro Amador chega a Foz