Avanzan que solicitarán no vindeiro pleno municipal que se cree un grupo de traballo, con tódalas administracións competentes, incluíndo á veciñanza, para darlle unha solución definitiva a esta problemática, “que segue sen solventarse dende fai anos. Son os técnicos os que teñen que atopar unha solución”, insisten

oplus_0
Mondoñedo, 1 de setembro de 2025. Os Socialistas de Mondoñedo urxen melloras nos canles dos rios dos Muíños, “xa que levan sen auga dende fai máis de 15 días”. Un problema que se leva arrastrando dende fai anos, e que precisa “unha solución definitiva e non parches que non serven para nada”. Por iso avanzan que solicitarán no vindeiro pleno municipal que se cree un grupo de traballo, coas administracións competentes, incluíndo á veciñanza, para darlle unha solución definitiva a esta problemática. “Son os técnicos os que teñen que atopar unha solución”, insisten dende o PSdeG. “A situación de abandono do río non é só unha cuestión paisaxística, senón que tamén afecta directamente a perdida de biodiversidade da nosas contornas fluviais e naturais, e polo tanto é unha autentica neglixencia medioambiental”, remarcan.
Os socialistas de Mondoñedo tamén explicaron que na pasada sesión plenaria do mes de xullo, interpelaron ao goberno local sobre a adecuación das obras da rampla de acceso no Real Seminario Conciliar de Mondoñedo, tamén se interesaron pola utilización da Escola de Maariz por parte dun particular. E por ultimo, sobre as probas de auga na Fonte dos Pelamios.
Ademais, no apartado de rogos demandaron ao goberno a instalación dun panel informativo na area recreativa da Fervenza, no que se indique o uso dos espazos públicos (como por exemplo indicar a zona de aparcamento dos vehículos, …), e no que se informe das datas para poder usar a parrilla ao aire libre, para que non haxa risco de incendios e problemas.
Tamén emprazaron ao PP a que “realice unha maior previsión no repaso, adecentamento e limpeza dos espazos públicos. Xa que este ano e en pleno verán, a maioría das nosas rúas e barrios, zonas verdes, plazas, parques, así como a estrada de entrada que da acceso a Mondoñedo presentaron un estado lamentable de abandono, suciedade e maleza. Polo tanto, unha vez máis reclamamos mais traballo de rúa e menos campañas de marketing e publicidade na limpeza da nosa cidade”.
E por último, instaron ao Goberno Municipal a abrir “ a oficina de Turismo de Mondoñedo no mes de agosto as fins de semana, xa que no mes de xullo estivo pechada tódolos domingos. Parécenos inadmisible que a unica oficina de información do Concello para atender aos nosos visitantes este pechada durante o verán. Por iso, os concelleiros do Grupo Municipal Socialista de Mondoñedo queremos avanzar que nos presentamos voluntarios para abrila durante as fins de semana no mes de agosto, si é necesario”.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



