CERVO, 06 DE MAIO. O próximo 8 de maio, a asociación cultural “Pasiño a Pasiño” cumpre tres anos de vida, e coma non podía ser doutra maneira, ímolo celebrar coma se merece.
A actual directiva, que preside Isabel Hernández, e que conta con preto de 250 socios, está composta por Francisco Orosa, Porfirio Gayoso, María Íñigo, Juán Fco. Moreno e Beatriz Vázquez. Durante este último ano a súa intención foi traballar codo con codo, pequenos e maiores, intentando pásalo o mellor posible e xa de paso, aprender e descubrir cousas novas.
Entre as actividades desenvoltas no último ano cabe subliñar os roteiros polo Río Landro e Río Cobo; cursos de hip-hop; cursos de pintura, obradoiros de cabazas, Nadal e Samaín; celebración dun guateque monstruoso; confección dos traxes de Antroido 2013 “Gamba Style” e carroza (co que gañaron o primeiro premio infantil do Antroido de San Cibrao). Ademais, tamén colaboraron con outras asociacións de San Cibrao coma a comisión de festas, na elaboración da alfombra floral nas festas do Carme, participaron de xurado en concursos de pintura organizados polo Concello de Cervo, construíron un Castelo de cartón para os máis pequenos organizado polo CIT, etc.
Actos do Terceiro Aniversario
No noso terceiro aniversario, queren facer algo especial e de relevancia, no que o nenos e as familias estiveran identificados. Para iso, organizan diferentes actividades a desenvolver durante tres días, onde o protagonismo vai ser dos máis pequenos, a través da arte, a cultura e as tradicións da nosa comunidade.
A programación dos actos trasladarase ao mes de xuño, coincidindo coa finalización do curso escolar e o inicio da tempada estival.
O día 21 de xuño inaugurarase a exposición onde se exporán os traballos realizados pola asociación nos diferentes cursos, obradoiros, confección traxes de Antroido, etc. Exporanse tamén fotografías dos distintos actos celebrados pola asociación.
O día 22, será a xornada de Teatro infantil, coa obra de teatro “Bon Appetit”, unha comedia onde a cociña tradicional Galega é o ingrediente perfecto para desternillarse da risa; baseada no libro “A cociña Galega” de Álvaro Cunqueiro.
O día 23: Noite Meiga. Pasiño a Pasiño sairá ó campo coller “fiunchos”, facer mollos e poñelos polas fiestras, portas, etc. Despois, ao fío da media noite cantarán e bailarán nas fogueiras do concello.























Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



