A Asociación Gastronómica de A Pontenova organiza unha excursión de dez días a Costa Do Sol, Ceuta e Tetuán (Marrocos). Visitarán Marbella, Puerto Banus, Mijas, Fuengirola, Málaga ou Torremolinos, entre outros lugares.. A saída é o vindeiro xoves 23 de maio dende a Mariña de Lugo, Viveiro e Lugo a un prezo de 335€ con todo incluído. Ademais, está programada unha viaxe o Santoinho o 9 e o 10 de xuño, a un prezo de 100 euros, sábado e domingo, con mariscada, comida do bacallau, Mercado en Vilanova , pensión completa e entrada no Santoinho. Tamén organizan outra viaxe ás Rias Baixas do 10 o 16 de xuño dunha semana de duración con visitas ó mercado a Portugal, comida do bacallau, mariscada, queimada, sardiñada, etc., por un prezo de 225€ por persoa e con visitas diarias a distintas localidades da comarca. Máis información no 982 043 000 e 658240815 (Javi) ou en viajeslucus.com.
A Asociación Gastronómica de A Pontenova prepara diversas viaxes
A Asociación Gastronómica de A Pontenova prepara diversas viaxes
Relacionado
-
A Gastropraza volverá este mércores ao Mercado de Abastos de Ribadeo
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
A obra teatral Zozobra chega a Vilalba a través do programa “Escena Camino Norte” e a área de Cultura