A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, apelou ao compromiso do empresariado lucense co futuro do ente cameral e animounos a inscribirse a partir do vindeiro martes
A comisión, integrada por 9 representantes da administración pública e 2 representantes das Cámaras, aprobou realizar unha auditoría para coñecer de xeito claro a situación económica da institución
O organismo, cuxa principal tarefa é a convocatoria de eleccións, estará presidido polo xefe territorial da Consellería de Economía e Industria
Lugo, 24 de maio de 2013.- A Comisión Xestora da Cámara de Comercio de Lugo decidiu hoxe na súa primeira reunión abrir o prazo de inscrición ao censo cameral. Este é o primeiro paso para a convocatoria de eleccións, principal tarefa da Comisión co obxectivo de restituír a gobernabilidade do ente e a estabilidade das súas funcións.
Neste sentido, a directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que asistiu ao encontro en representación da Xunta como órgano tutelante, apelou en declaracións aos medios ao compromiso co futuro do ente cameral do empresariado lucense. Neste sentido, animounos a inscribirse no censo, que se abrirá a partir do vindeiro martes e durante un prazo de quince días. Vázquez Abeal, que recordou o compromiso da Xunta desde o primeiro momento para contribuír na busca de solucións, sinalou que posteriormente, unha vez cumpridos os trámites legais, se procederá ao trámite das candidaturas e á convocatoria de eleccións.
A Comisión que se reuniu esta tarde está formada por 9 representantes designados pola administración pública, e 2 representantes das Cámaras, designados polo Consello Galego de Cámaras: o propio presidente do Consello, José García Costas, e o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey.
Ademais da apertura do prazo para o censo cameral, outra das decisións adoptadas foi a realización dunha auditoría para coñecer de xeito claro e coa máxima celeridade a situación económica e de persoal do ente cameral.
Unha vez coñecida a situación financeira, a Comisión Xestora será a encargada de analizar, cos propios recursos da Cámara, como facer fronte ás distintas obrigas e necesidades pendentes, e intentar garantir o pago do salario aos traballadores.
Os membros da Comisión Xestora decidiron, así mesmo, nomear como presidente da mesma ao xefe territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo, José Manuel Vázquez Leirado.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



