A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía e Industria, rematou o período de diálogo cos axentes económicos e sociais co obxectivo de expor o contido do anteproxecto de Lei de emprendemento de Galicia e acadar un texto consensuado e unha normativa útil e eficiente para o desenvolvemento económico de Galicia. O obxectivo da lei, presentada no Consello da Xunta antes do seu posterior envío ao Consello Económico e Social, é a definición dun marco normativo específico da comunidade que incentive e facilite a creación e implantación de empresas e o seu posterior desenvolvemento.
Tras a rolda de contactos e as achegas de 25 axentes distintos, o texto actual contempla importantes melloras entre as que destacan as dirixidas á simplificación administrativa coa fin de facilitar a posta en marcha de negocios e impulsar o emprendemento. Desta forma, elimínanse trámites excesivos, suprimindo -con carácter xeral-, a necesidade de licenza municipal de obra e actividade para o exercicio de calquera actividade económica, agás as que requiran dun proxecto de edificación.
Seguindo estas premisas, para a posta en marcha dunha nova actividade empresarial abondará coa comunicación previa ao concello, xunto coa documentación que garanta, no caso de que sexa preciso, o cumprimento dos requisitos ambientais, de seguridade e salubridade dos locais. Estas modificacións non repercutirán no réxime tributario dos concellos.
Entre as principais novidades da lei tamén destaca a redución, con respecto ao texto inicial, do tempo necesario para poder constituír unha nova empresa, que baixa de 48 a 24 horas grazas ao servizo que ofrecerán os puntos de activación empresarial para persoas emprendedoras. Ademais, o Igape, por medio da creación da unidade Galicia Emprende, comprométese a analizar a viabilidade dun proxecto en menos de 30 días, unidade desde a cal que se prestarán ademais, todos os servizos de apoio ao emprendedor.
Capital risco e microcréditos para empredendores
O apoio á posta en marcha de novos proxectos tamén será financeiro. Para iso a lei establece a creación de instrumentos de coparticipación, a través de fondos públicos e privados, a activación dun fondo de capital risco específico e a habilitación de microcréditos para emprendedores co obxectivo de mobilizar entre ambas as ferramentas 15 millóns de euros. Ademais, regúlase a figura do investidor particular (business angel) para impulsar os proxectos de emprendedores e articúlase unha rede galega de investidores particulares para facilitar o financiamento privado de proxectos.
Neste senso, terán especial prioridade aqueles proxectos levados a cabo por mozos, os que sexan especialmente innovadores ou que nazan cunha especial vocación internacional.
A Xunta ademais porá en marcha e coordinará a través do Igape unha serie de servizos destinados ao acompañamento do emprendedor durante todo o proceso, desde a xestación ata a maduración e a expansión do proxecto.
O obxectivo é que ningunha boa idea quede sen levar a cabo por falta de apoio. Por iso, a norma introduce novas medidas fiscais de impulso á actividade emprendedora. Neste sentido, a dedución do 20% do IRPF establecida na Lei de orzamentos deste ano para os que invistan en accións ou participacións de novas empresas, amplíase para aqueles que concedan créditos para a creación de empresas. A redución do 95% no imposto sobre sucesións e doazóns de diñeiro para a constitución dunha nova empresa esténdese para calquera tipo de ben destinado á mesma finalidade e suprimindo o límite de idade, anteriormente establecido en 35 anos.
Ademais, a bonificación do 75% na cota do imposto sobre patrimonio por creación de empresas ou ampliación de actividade amplíase aos investimentos para adquisición de accións ou participacións sociais en novas entidades ou para préstamos que xeren dereito a dedución no IRPF; e para a adquisición de locais de negocios ou para a constitución de préstamos e hipotecas establécese unha dedución nos actos xurídicos documentados. Como novidade, tras o período de diálogo cos axentes, facilítase o acceso ás deducións e bonificacións ás cooperativas e sociedades laborais.
Creación dun único Consello Galego de Economía e Competitividade
En liña coas medidas de austeridade e buscando unha maior eficiencia e coordinación cos distintos axentes económicos, todos os Consellos dependentes da Consellería de Economía e Industria quedan integrados nun único consello Galego de Economía e Competitividade. Manterán a súa representación a través de comités executivos nas diferentes áreas existentes o que achegará maior axilidade e flexibilidade e contribuirá á racionalización da Administración pública.
A norma, que será agora sometida á consideración do CES, configúrase como un instrumento clave na dinamización económica e na xeración de proxectos e empresas, facendo dos emprendedores axentes fundamentais para a activación do mercado laboral coa meta de acadar un incremento do 60% na cifra de emprendedores galegos permitindo superar os 130.000 nos próximos catro anos.

















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



