O Concello de Lourenzá remata as obras programadas para ser executadas polos alumnos do obradoiro de emprego que levou conxuntamente con Barreiros e Mondoñedo. A última actuación foi o arranxo dun muro en pedra na área recreativa da Fonte do Cura, que está na parroquia de Santo Tomé. O concelleiro de Obras, Dino Vidal, supervisou as obras.
