Campo López Braña.- En aras do consenso os Concelleiros do Grupo Municipal do PP de Ribadeo deron o seu apoio ao acordo presentado polo Alcalde en apoio as persoas afectadas polas preferentes e subordinadas.
Como xa fixeramos noutras ocasións e concretamente o pasado día 29 de xaneiro, os Concelleiros do GM do PP no Concello de Ribadeo na sesión plenaria celebrada o pasado martes amosamos unha vez máis o noso apoio inquebrantable e categórico aos milleiros de persoas e familias, moitas delas veciñas do noso Concello, afectadas pola ESTAFA DAS PREFERENTES E DAS SUBORDINADAS DE NOVA GALICIA BANCO.
Cando na Sesión de xaneiro a Plataforma De Afectados Polas Preferentes E Subordinadas Da Mariña presentou no Concello unha Moción requirindo o apoio dos membros da Corporación as súas demandas, dende o GM do PP non dubidamos e darlles o noso apoio incondicional, ao tempo que manifestamos a nosa satisfacción de que foran directamente os veciños afectados os que se erixiran nos verdadeiros abanderados na loita contra deste drama, despolitizando deste xeito o contido mesmo das súas actuacións, para seres reflexo directo do sentir de todos eses milleiros de persoas afectadas, persoas de todas as esferas sociais, e de todas as ideoloxias e creencias… todos eles vítimas deste FRAUDE. Pero, sí naquel entón dende o GM do PP nos aledamos de que por unha vez os Partidos Políticos foramos quen de estar nun segundo plano, e de saber respetar o sentir das xentes, un sentir claro, directo e xusto, agora, nesta ocasión, no pleno deste pasado Martes, tivemos que manifestar o noso desagrado polo uso partidista e interesado que deste tema se esta a facer polo BNG e polo Goberno Municipal.
A proposta de acordo que tiña presentado o Alcalde era rexeitable na súa maior parte xa que, excluíndo o primeiro apartado no que ademáis de solicitar a derrogación do RD polo que se regula a quita e o canxe de accións por capital propón dirixirse ao Goberno Central para que adopte as medida precisas para garantir o reintegro integro dos aforros, o resto da proposta non deixa, e así se lle dixo, de ser promesas valeiras de contido, declaracións de intencións que non son máis que “un brindis ao sol”, que o propio Alcalde sabe que non as vai poder cumprir… Se o Alcalde quere pechar as contas bancarias titularidade do Concello abertas en NGB ou noutra entidade pode facelo, súa é a responsabilidade , non precisa autorización de ninguén, non é este un asunto para o que necesite o acordo do Pleno, como súa, tamén é a responsabilidade de ter executado cantas medidas sexan xustas e procedentes para axudar a todos eses milleiros de persoas… pero igualmente súa é a responsabilidade de dicir a verdade e de non enganar aos veciños, xa que como el mesmo dí na sua proposta, esas medidas (cancelación de contas) so se adoptarán se o permiten os intereses muncipais, e como él sabe moi ben, aínda que non o diga, os intereses do Concello non permiten adoptar esas medidas, xa que hai créditos do Concello pendentes con esa entidade que son de imposible ou difícil cancelación, e polo tanto non vai poder cumprir coas súas propostas.
Sen esquecer que os primeiros responsables desta situación foron tanto os xestores ao cargo das Caixas como e os responsables de aquel entón da supervisión e intervención do Banco de España e da CNMV, e que trala proposta de acordo do Alcalde o que realmente se agocha é a vontade do BNG de empregar este drama social como instrumento co que obter unha rendabilidade política, así como a vontade, máis que de acadar un consenso na percura de solución, a de autoexaltación do goberno Municipal como garante dos dereitos dos afectados, fronte a esto os concelleiros GM do PP entendendo que o alcance e a magnitude que está a tomar esta estafa esixe dunha resposta inmediata e xusta, con total rexeitamento ao uso interesado e partidario que dende outras instancias se está facendo da desgracia das persoas afectadas ao único fin de obter unha rendabilidade poltica, o pasado Martes presentamos perante a Corporación Municipal unha proposta de acordo alternativa a que o Alcalde tiña sobre a mesa, proposta de acordo, semellante a que noutros lugares da nosa Provincia (comarca de Lugo, Terra Cha, Sarria, a Ulloa) xa fora aprobada xuntamente polos Concellos e mailas Asociacións de Afectados, e que si ben viña a desenvolver o primeiro apartado da traída ao pleno polo Alcalde, desbotaba todo aquelo que implicaban actuacións que caen no exclusivo ámbito de responsabilidade do Alcalde e do seu equipo de Goberno. Así, dende o GM do PP propoñiamos acadar un acordo sobre os seguintes eixos: rexeitar totalmente polo Pleno á decisión do FROB, actual dono do 100% de NGB, de impoñer unha quita e un canxe por accións ao capital colocado por NGB en participacións preferentes e obrigas subordinadas; dirixirnos as Administracións, estatal e autonómica, para que lle esixira ao Goberno do Estado, responsable do FROB, a adopción as medidas necesarias para garantir a devolución integra dos seus aforros a todas as persoas estafadas por NGB; e finalmente, requirir ao Goberno do Estado para que, en colaboración coa Xunta de Galicia e a Dirección de NGB, garanta a continuidade e ampliación do actual sistema de arbitraxe para facilitar que os 64.000 casos de persoas aforradoras pendentes aínda de recuperar os seus aforros, o poidan facer a través desta arbitraxe.
Ante a negativa manifesta do Alcalde de acadar un consenso co principal Grupo da oposición, senón total si parcial, sobre o contido da proposta, os concelleiros do G. M do PP consideramos que non íamos ser nosoutros os que fixeramos política a conta dos sufrimentos e das desgrazas dos nosos veciños, e que por riba de calquera ideoloxía política e criterio de partido esta o sentir dos afectados que nos están a esixir aos políticos unha actuación responsable, conxunta, contundente e sen fisuras a través da cal poidan obter unha resposta xusta a súas demandas, igualmente xustas, razóns todas a cales nos levaron a retirar a nosa proposta de acordo e apoiar a do Alcalde favorecendo deste xeito a obtención do tan desexable e necesario consenso para acadar solucións.
Se rexeitable e condenable é o comportamento daqueles que abusando da confianza e boa fe das persoas, os enganaron para obter unha rendibilidade económica, igualmente rexeitable é o comportamento daqueles políticos e daquelas formacións políticas que, abusando desa mesma confianza e desa mesma boa fe das nosas xentes, buscan co emprego do engano e do verbo fácil e baleiro de contido obter unha rendibilidade política.
Campo López Braña



















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



