Esta semana na Comisión 7 de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia.
Cualifica de especialmente acertado o apoio económico que a Xunta prestará aos concellos e que ascende ao 75% do custe.
As entidades locais son as que mellor coñecen as súas necesidades no marco da loita contra o lume.
Santiago, 13 de maio de 2013.- O portavoz da área de Montes e Incendios do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, preguntará pola colaboración que ten previsto prestar a Xunta de Galicia aos concellos galegos en termos de loita contra os incendios e, moi en concreto, no despregue das novas brigadas municipais. O parlamentario popular interpelará aos responsables da Consellería do Medio Rural e do Mar na comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes prevista para esta semana no Parlamento de Galicia.
A XUNTA SUBVENCIONA O 75% DO CUSTE
Balseiro lembra que foi a propia conselleira, Rosa Quintana, quen sinalou como unha das prioridades do departamento que dirixe o establecemento dun reforzado modelo de relación cos concellos para articular a resposta en materia de prevención e extinción de incendios forestais, unha medida que desde o Grupo Parlamentario Popular entenden especialmente acertada -segundo salientou o deputado- xa que suporá un apoio económico desde a administración autonómica ás locais que ascende ao 75% do total do custe da brigada.
O portavoz da área de Montes de Incendios tamén defende que as entidades locais son as que mellor coñecen as súas necesidades en materia de incendios e polo tanto básicas na planificación destas accións.
BRIGADAS COMPOSTASP POR 4 O 5 PROFESIONAIS
Aínda que será na Comisión 7ª que ten previsto celebrarse esta semana Balseiro preguntará como teñen previsto estruturarse estas novas brigadas, cales serán as súas tarefas –no ámbito da prevención e extinción dos lumes-, limpeza das masas forestais e vixilancia.
Con todo, xa coñecemos que o número de brigadistas contratados poderá oscilar de entre 4 e 6 persoas para cada brigada que, en principio, prestarán os seus servizos entre os meses de xullo ata o remate da primeira quincena de outubro.
OUTROS APOIOS
O persoal das brigadas municipais disporá na súa tarefa de prevención e loita contra os incendios do apoio doutros operativos como poden ser os parques de bombeiros, tanos municipais como comarcais, como dos novos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) nun amplo operativo ao que tamén hai que sumar Protección Civil e o resto de corpos que colaboran nas emerxencias, como Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica, servizos sanitarios, etc.
Precisamente o pasado xoves o Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre o Goberno galego, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións provinciais, polo que as tres entidades achegarán 18,6 millóns de euros entre 2013 e 2015 para a creación e implantación dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES).




















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



