O presidente do PP de Lugo e portavoz do Grupo Parlamentario Popular no Senado, José Manuel Barreiro, asegurou hoxe, que os obxectivos prioritarios da nova Lei de Mellora da Calidade Educativa en España (LOMCE) son “mellorar a calidade da educación e o acceso dun emprego para os mozos, diminuír as taxas de fracaso escolar temperán e modernizar a Formación Profesional”.
José Manuel Barreiro afirmado que o que non pode facer o Goberno é quedarse impasible ante uns “datos desastrosos” coma os que temos co actual sistema educativo. Así, sinalou que se o actual sistema fracasou, á vista dos datos, é necesario un cambio e isto, precisamente, é o que fixo o Goberno.
O presidente popular de Lugo explicou que a Lei busca que existan as mesmas regras en todos os centros; unhas regras que se aplicarán por igual en todos os modelos de escola: pública, privada e concertada. No hai nada nesta Lei que beneficie máis a un modelo que a outro. “E de beneficiar a algún, é á escola pública, que neste momento ten un sistema moi ríxido, uniformizado, e sen ningunha autonomía”, remarcou, ao tempo que cualificou de “moi malintencionadas, falsas e cun interese totalmente partidista”, as declaracións vertidas por outros grupos políticos poñendo en dúbida a ensinanza pública do PP.
Do mesmo modo, destacou que coa LOMCE se da un voto de confianza a profesores e directores na capacidade de xestión e decisión.
Datos do fracaso da actual educación
En referencia a estes datos, o presidente do PP de Lugo e portavoz dos populares no Senado, fixo referencia á taxa de abandono escolar do 24,9% que ten España e que dobra a do resto de países da Unión Europea (13%).
Do mesmo modo, Barreiro lamentou que tamén teñamos unha taxa de alumnos repetidores moi elevada e un desemprego xuvenil que supera o 57%, cando en países como Alemaña se queda no 8%. Outro exemplo, explicou, é que, aos 15 años, moitos dos nosos alumnos repetiron polo menos unha vez; o que quere dicir que temos 500.000 alumnos máis dos que habería, se non tivésemos esta taxa de repetición, o que conleva un custe adicional de 2.500 millóns de euros.
En referencia a estes datos, o dirixente popular sinalou que son uns resultados académicos que nos afastan dos postos de cabeza e que, lonxe de mellorar, empeoran cos años.
Neste sentido, José Manuel Barreiro indicou que todo isto, se da cunha inversión que está moi por riba da media da OCDE e UE. España destina máis de 7.800 euros ao ano de gasto público por cada alumno na educación pública, un 21% máis que a OCDE e a UE.
Modificacións que introduce a LOMCE
Noutro punto da súa intervención, o presidente dos populares de Lugo dixo que a LOMCE trata de modificar un “sistema moi ríxido e uniforme, que ven a igualar a todos os alumnos de ata 16 anos de idade. Así, dixo que coa LOMCE se establece un sistema “máis flexible”, con “moita máis atención individualizada.”
Con respecto ao sistema de avaliación, explicou que serán homoxénea e garantirán que os mínimos de competencias que teñen que adquirir os estudantes para titular ao final de cada etapa, sexan homoxéneos en todo o territorio nacional.
En definitiva, aseverou que se trata dun sistema moito máis moderno, desde o punto de vista pedagóxico e metodolóxico, onde teñen que aprender a relacionar, a ter espírito crítico, a resolver problemas complexos e outra serie de cousas que non entran no que se ensina neste momento nos colexios.
Outras cuestións básicas da Lei
Barreiro tamén recalcou a flexibilización que se produce na Formación Profesional, para facela máis atractiva para o estudante, e que ademais facilite o acceso ao emprego; ao igual que dota de máis autonomía dos centros, sobre todo na escola pública.
Tamén fixo referencia á nova configuración das asignaturas, o que supón, segundo explicou, unha nova definición de cáles son as competencias das comunidades autónomas, do Estado e dos centros, tanto en canto á avaliación, como na definición do currículo das asignaturas.
“Isto é un cambio fundamental respecto ao concepto de ensinanzas mínimas que había antes, onde o Estado define unha porcentaxe de asignaturas e as comunidades autónomas, o resto”, remarcou.
En relación á asignatura de relixión, José Manuel Barreiro quixo deixar claro que é “unha asignatura alternativa, é dicir, pódese optar relixión ou alternativa (valores culturais e sociais), onde os alumnos terán a obrigación de elixir unha delas, a que cada un e as súas familias consideren máis oportuna”.
Neste sentido, precisou tamén que ambas asignaturas -cada cal a que elixa- contarán para nota, “aínda que non serán obxecto de avaliación externa”, como se está dicindo errónea e malintencionadamente dende outros partidos.
Ensinanza en castelán e linguas cooficiais
Outro dos asuntos máis importantes desta Lei, afirmou José Manuel Barreiro é a inclusión do castelán nas CC.AA. con lingua cooficial, como é o caso de Galicia. Aquí, “o Goberno garante o dereito constitucional que teñen todos os españois e que di que, se algún alumno quere estudar en castelán, pode facelo e ademais este aspecto é ratificado nas súas sentencias polo Tribunal Supremo e o Tribunal Constitucional”.