José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, reuniuse esta tarde noite en Becerreá coa militancia da comarca da Montaña lucense para presentar o seu proxecto de partido con medidas internas pero “sempre con Galicia de fondo”. Así, o socialista marcou como principal reto para o PSdeG “repensar Galicia” para “deter a hemorraxia social” do despoboamento e da emigración para “poder crecer cun proxecto político de país, social e de esquerdas que nos permita ser nós mesmos”. Gómez Besteiro alertou de que este reto é “o maior que ten Galicia”, xa que é un problema “silencioso” que require “altura de miras a longo prazo” para solucionalo. “Os socialistas temos que reivindicar os nosos valores e facer un proxecto de futuro para loitar contra o curtopracismo que quere impoñernos o PP coa asfixia diaria de tratar de frear as súas medidas”, afirmou.
Gómez Besteiro lembrou que “Galicia é o lugar máis envellecido do mundo despois de Xapón, e isto xa non é un problema do interior, senón que afecta cada vez máis tamén ás provincias do Eixo Atlántico, que deben velo como propio”. Os socialista puxo como exemplo demográfico grave o caso da Montaña lucense, na que en case todos os municipios preto do 40% da poboación está por riba dos 64 anos, con casos como o de Ribeira de Piquín ou Navia de Suarna, co 44,13% e o 47,20% respectivamente. O socialista advertiu de que “o custo desta hemorraxia social é incuantificable”.
Por todo isto defendeu poñer en marcha medidas como o cooperativismo, o traballo en rede, a organización da produción autóctona cara o comercio internacional, a produción baseada na calidade e no valor engadido que complete os ciclos produtivos –“vendemos leite pero mercamos iogures”-, un mellor ordeamento territorial ou a aposta polas novas tecnoloxías e os servizos sociais nas zonas máis depoboadas para “que non obriguen aos galegos e galegas a emigrar para poder traballar ou a ter que xubilarse nas cidades”. O aspirante á secretaría xeral do PSdeG chamou a “non lamentarse, senón reaccionar, porque os socialistas temos a responsabilidade de actuar e non queda máis tempo”. Gómez Besteiro lembrou que desde a Deputación teñen actuado neste sentido dentro das súas posibilidades e que contan con estudos pioneiros de expertos “con medidas moi concretas para apostar polas políticas de crecemento” que “lle devolvan a autoestima a Galicia, xusto ao contrario do que provoca o PP, que é a resignación”.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



