Unhas 200 persoas entre nenos e adultos participaron durante o curso nestas actividades deportivas
Cervo, 31 de maio de 2013-As Escolas Deportivas de Cervo veñen de despedir o curso 2012-2013 co habitual acto de clausura oficial no CEIP de Cervo que incluíu numerosas actividades nas que os alumnos e alumnas foron os protagonistas. Os actos comezaron ás 18:30 horas con xogos nos inchables para os máis pequenos.
Os asistentes tamén puideron recoller a revista oficial desta temporada na que se ofrece información sobre todas as actividades realizadas e fotografías do desenvolvemento das distintas disciplinas. Tamén tivo lugar a entrega de diplomas a todos os nenos e nenas participantes nas Escolas durante o curso. E acto seguido o alumnado da sección de patinaxe artística ofreceu a tradicional exhibición desta disciplina.
Uns actos cos que se pecha esta temporada das Escolas Deportivas, nas que de outubro a maio se impartiron ata 10 disciplinas diferentes, dende xogos para os máis pequenos ata deportes de raqueta ou de balón pasando por patinaxe, ou modalidades aeróbicas e ximnásticas. En total foron unhas 200 as persoas que responderon á variada oferta das Escolas.
“Estamos moi satisfeitos de poder ofrecer ano tras ano numerosas actividades deportivas aos noso veciños e sobre todo, de ver como as aproveitan acudindo asiduamente” explica o edil de Deportes, Luis Guillén que xunto ao alcalde de Cervo, Alfonso Villares, estiveron presentes nos actos. “Unha participación que supón que temos unha cidadanía implicada co deporte e que entende a importancia da actividade física para levar unha vida sa e saudable” engade o edil.
Destaca tamén a organización de actividades tanto para o público infantil como adulto co obxectivo de atender ás demandas de toda a cidadanía. Unhas actividades que, segundo a súa natureza, precisaban diferentes espazos e que foron posibles grazas ás múltiples instalacións deportivas do municipio. Tamén foi determinante a colaboración dos centros educativos, en cuxos pavillóns tamén se impartiron algunhas actividades.









A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
