O PP de Viveiro ven de presentar para o seu debate no Pleno Municipal unha moción onde os populares propoñen evitar a duplicidade en eventos a celebrar no municipio.
Os populares argumentan que en ocasións chegan a coincidir no tempo dous ou máis eventos no municipio provocando, en algúns casos, competencias estériles e unha pérdida de oportunidades para quen as promoven, as disfrutan e, sobre todo, quen ten nestes actos o seu medio de vida ou parte del.
Por ese motivo, o grupo popular de Viveiro considera que o Concello debe promover evitar a duplicidade de eventos respetando os xa existentes e tratando de buscar datas alternativas, ou polo menos, para aqueles que teñan subvención pública.
Así, propoñen que o Pleno aprobe os seguintes acordos:
1. Que polo equipo de Goberno se proceda a promover o evitar a duplicidade de datas na celebración de eventos de ámbito municipal, subvencionados polas administracións públicas, respetando as datas de aquelas que teñan maior antigüidade, proxección turística e repercusión social.
2. Informar e coordinar ás persoas ou colectivos promotores destes eventos sobre a adopción deste acordo en caso de alcanzar a súa aprobación.











A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



