O pivote César Augusto May Xavier (Sao Paulo, 1985), máis coñecido como Cesinha, non seguirá no CD Burela FS Pescados Rubén. O brasileiro, que regresará mañá ao seu país, chegou ao club mariñán como reforzo do mercado de inverno en decembro de 2012, con contrato ata final de tempada, despois de compartir a preparación do equipo durante a parada ligueira do Mundial de Tailandia. Durante a competición en Primeira 2012-13, disputou 13 partidos, 6 deles como titular, e anotou 2 goles.
Dende a súa terra, o pivote deu o salto ao fútbol sala ruso hai cinco anos; tras unha tempada no Politech de San Petersburgo, disputou dúas superligas no CSKA Moscú, para regresar despois ao Politech, nos dous últimos exercicios.
O CD Burela FS agradece ao xogador o seu traballo durante a tempada e deséxalle sorte na continuidade da súa traxectoria deportiva.