Os laranxas Edu e Matamoros, do Burela FS Pescados Rubén, fixéronse cos premios da Pataca Naranxa, como Mellor Xogador (126 puntos) e Máximo Goleador (10 tantos). A peña fíxolles entrega de senllos trofeos o sábado, na cea de fin de tempada. Edu, ademais, tamén foi obsequiado cun reloxo, doado pola xoiería Kessarys, como Xogador máis Valorado (17 puntos) da web pataqueira.
Máis información na páxina da Pataca Naranxa.