Mondoñedo, 24 de maio de 2013- A voceira do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, asegurou esta mañá que “é evidente o desinterese do goberno municipal na tramitación do PXOM na localidade, sendo unha ferramenta indispensable para Mondoñedo, sobre todo no rural”.
As afirmacións vertidas por Candia responden a unha actitude de “deixadez” de funcións do equipo de goberno que lidera o nacionalista, Orlando González. Os populares achácanlle ao bipartito mindoniense que non dea resposta aos requirimentos enviados pola Xunta de Galicia nos que solicitan a documentación completa do Plan Xeral de Ordenación Municipal, co único obxecto de poder emitir unha resposta favorable sobre a correcta integración de todos os aspectos ambientais esixibles.
A voceira popular explica que a Consellería competente viuse na obriga de reiterar o pasado 21 de maio un escrito, trasladado ao concello en decembro de 2012, ao non obter resposta ao respecto e no que lle solicitaba ao Concello de Mondoñedo a documentación completa do Plan, unha vez integradas todas as consideracións expostas pola administración autonómica.
Esta feito leva aos populares a esixirlle de novo ao bipartito unha actitude “construtiva e responsable”, evitando que “novos erros e a deixadez de funcións continúen a ralentizar que o PXOM sexa unha realidade”.
A voceira popular asegura que “as preocupacións do equipo de goberno distan bastante das preocupacións dos mindonienses e as actitudes que reflexan son mostras claras de tal afirmación”. Coñecedores dos problemas que xera a non existencia desta ferramenta indispensable, sobre todo no rural, os populares esíxenlle ao bipartito unha actitude “construtiva e responsable”, evitando que “novos erros e a deixadez de funcións do equipo de goberno ralenticen que o PXOM sexa unha realidade”
Erros do bipartito
Elena Candia lembra que o equipo de goberno se comprometera no mes de agosto a someter a pleno a aprobación provincial do PXOM, unha responsabilidade que se viu na obriga de incumprir por un erro claro dun bipartito que non solicitou en tempo e forma a tramitación de avaliación ambiental estratéxica, un requisito indispensable.
Dada esta situación, o alcalde mindoniense que contaba no seu poder co Plan dende o ano 2010, atrasou o sometemento a aprobación provisional do PXOM e tras unha proposta do Grupo Popular local, remitiu con data 3 de outubro de 2012 á Xunta de Galicia un oficio no que solicitaba a declaración de inviabilidade de sometemento do Plan Xeral de Ordenación Municipal ao procedemento de avaliación ambiental.
A Xunta de Galicia tras estudar a documentación aportada do Plan requiriron ao concello, a través dun escrito con data 5 de novembro de 2012, e que entra no consistorio o 19 de decembro, a documentación completa do Plan, unha vez integradas todas as consideracións expostas pola administración autonómica, para que o órgano competente da Xunta de Galicia emita o correspondente informe favorable sobre a súa correcta integración.
Dado a non resposta do bipartito tras cinco meses de recibir este requirimento, a Xunta de Galicia viuse de novo obrigada a reiterar esta petición neste mes, que polo momento non foi resolta polo PSOE e o BNG de Mondoñedo.