O Concello de Xove entregou os premios do CONCURSO LETRAS GALEGAS 2013, adicado este ano a Roberto Vidal Bolaño. O concurso foi convocado pola Biblioteca Municipal e constou de dous apartados, un literario e outro de artes plásticas. A entrega dos diplomas e premios foi presidida pola concelleira de Cultura, Dolores Meitín, acompañada de varios membros do xurado. A relación de premiados é a seguinte:
CEIP PEDRO CASELLES ROLLÁN: en artes plásticas Iago Rivas Balsa, Daniel Bertolo Casabella, Alejandro Parapar Fernández, Joel González Rodríguez, Luis Rouco Basanta, Rocío Fernández Silva, Candela Fernández López, Gabriela Dayán Seara, Lucía Sánchez Corbelle, Claudia Vázquez Sánchez, Sabela Rodríguez Lage, Lucía Sánchez, Adrián Rouco Basanta, Xoel Eijo Díaz, David Paleo Díaz, Nerea Rivas Balsa, Noel Quelle Martínez, Laura Cuadrado López.
PREMIOS ALUMNOS/AS DO IES ILLA DE SARÓN: Isabel Carvalho Machado, Juan Manuel Ferro Santos, Mari Luz Abad Vázquez, Moisés Folgueiras Rodríguez, Alba Rodríguez Lage, Laura Iglesias Mariño, Javiera Duarte Araya, Salomé Cardoso Rodríguez, José Matías Duarte Araya.
























O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



