A gran final para a conquista do título de Primeira División, entre CD Burela FS Pescados Rubén e Atlético de Madrid Navalcarnero, será retransmitida en directo vía internet, a través da web da Televisión de Galicia (www.crtvg.es ). O duelo entre galegas e madrileñas dispútase o sábado día 11, ás 18.00 horas, nun Vista Alegre que apoiará incondicionalmente ás súas cazadoras de soños na súa loita polo título. O CD Burela FS agradece especialmente a colaboración e o interese amosado pola Televisión de Galicia para facer posible a difusión e promoción deste espectacular duelo de titanes.
Final en directo a través da web da Televisión de Galicia
Final en directo a través da web da Televisión de Galicia
Relacionado
-
Este luns ábrese o prazo de inscrición das Escolas Deportivas de Verán de Ribadeo que ofrecen pesca deportiva, piragüismo, skate, surf e vela
-
76 equipos de 11 países daranse cita en Ribadeo os días 25 e 26 de maio no XVIII Torneo Internacional de Fútbol de Veteranos
-
Diego Villares, xogador vilalbés do Dépor, foi recibido e parabenizado no seu concello