Dentro do programa Músicas Posibéis, Jamila Purofilin ofrecerá un concerto o domingo ás 19.00 h no Teatro de Ribadeo (R. San Roque, 2). Jamila Castillo (La Habana, 1967) é a voz e a creadora do proxecto Purofilin. Por iso o nome da formación de Jamila Purofilin, decidido en 1998, un ano despois de ter nacido na sala alternativa El Montacargas de Madrid. A partir de entón, en formatos desde o dúo ao conxunto, Jamila Purofilin ten actuado en salas e teatros de case todo o Estado. . O seu repertorio , conformado por cancións cubanas, aparece vestido de contemporaneidade e arroupado por músicos provenientes de diversas xeografías e afíns ao world jazz. Baixo este concepto reinterpreta os sons da illa caribeña, aberta a Latinoamérica xusto na medida e o estilo da cantante . Cos seus boleros e cancións preséntase baixo títulos como “Saudade do Machín”, “De Machín a la Nueva trova” ou o actual “Bolerista en viaje”, donde se presenta como autora. O prezo da entrada é de 5 euros.
Jamila Purofilin en concerto
Jamila Purofilin en concerto
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Maas Saúde continuará aportando vitalidade ao Burela FS
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia