O delegado da Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou, esta mañá, nunha nova edición do Correlingua en Lugo, carreira a prol da lingua na que tomaron parte milleiros de rapaces procedentes dos distintos centros de ensino da comarca. Co lema “O Galego, a chave do mundo”, os estudantes lucenses percorreron a muralla da cidade reivindicando o uso da lingua galega ata chegar á praza de Santa María, onde se celebrou unha festa final con representacións teatrais e actuacións musicais.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



