Foz, 3 de maio de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, considera que o portavoz de Unifoz, Jaime Cancio, quere facer de técnico de Canles e Portos analizando os estudos para a construción do novo porto. O rexedor considera vergonzoso e alarmista que despois de ver os estudos durante un hora xa saque conclusións e recoméndalle a Cancio que non xogue a enxeñeiro, que deixe de alarmar, que sexa construtivo e que deixe traballar aos técnicos de Portos de Galicia, ente autonómico que está comprometido con Foz, como o demostra que en breve van empezar as obras de dragado recentemente adxudicadas.
A Javier Castiñeira sorpréndelle que “o portavoz de Unifoz, o señor Cancio, agora veña a presumir de técnico de Canles e Portos. Paréceme bastante vergonzoso e alarmista que este señor veña aquí unha hora pola mañá e lea o estudo de alternativas, no que se está traballando, e un estudo hidrodinámico, que tardaron os técnicos dous ou tres meses en facelo, e veña agora o señor a Cancio a sacar conclusións. O que temos é que deixar traballar aos técnicos de Portos de Galicia, que son os que teñen que dar a solución para ese porto”.
“Do que nós estamos completamente seguros é de que Portos de Galicia é un ente que está comprometido con Foz, que está buscando a solución técnica e viable para un porto deportivo. Debemos deixar traballar a toda esa xente, que é a que verdadeiramente o que ten que facer”, manifestou o alcalde, quen engadiu que “o señor Cancio quere xogar a enxeñeiro, pero eu creo que non é o momento. Que deixe de alarmar, que deixe de poñer zancadillas e que se centre en ser un pouco máis construtivo. Que deixe aos técnicos de Portos de Galicia seguir traballando, que son os que están facendo os estudos e os proxectos correspondentes. Estamos actuando con transparencia absoluta neste sentido, pero nosoutros non somos quen para dicir se é viable ou non ou estudo, non somos as persoas que o deben facer senón os propios técnicos de Portos de Galicia, que son os que teñen que dar solucións”.
O goberno municipal focense ten claro que “Foz necesita un porto deportivo coa capacidade que precisa un pobo turístico coma o noso, que non a temos, e que se dea solucións tamén, evidentemente, aos problemas que temos agora. Unha delas vai ser precisamente ese dragado que imos ter agora, antes do verán, que está adxudicado e que en breve será contratado e nos próximos meses se empezará esa obra. Ese é o compromiso de Portos de Galicia, mentres que o señor Cancio actúa o revés para tratar de desfacer”.
E finalmente o rexedor municipal recoméndalle ao portavoz de Unifoz “que deixe traballar aos técnicos, que se deixe de aventuras e de tecnicismos e que reme a favor do Concello de Foz, que é o que ten que facer. Que mire un pouco como o resto dos grupos políticos, de forma completamente consecuente, o están a facer”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



