A Mariña, 3 de maio de 2013. Ana Ermida, responsábel do Bloque Nacionalista Galego (BNG) na Mariña, demanda ao Goberno galego que garanta prazas nas garderías dependentes da consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar para os preto de 100 nenos e nenas que permanecen en lista de espera na comarca. “A Xunta debe equiparar a oferta á demanda existente. O que non pode é deixar ás familias sen este servizo básico tanto para os nenos e nenas como para as familias, xa que as garderías facilitan a conciliación da vida laboral e familiar.”
Desde o Bloque denuncian que a Xunta de Galiza está a desmantelar a educación pública en todas as súas fases e convertela nun artigo de luxo. Segundo explica Ermida “non só non hai prazas suficientes para cubrir a demanda existente na comarca da Mariña senón que o custe das garderías estase a incrementar ano a ano. Para o vindeiro curso escolar a taxa das gardería infantís incrementarase preto dun cento por cento. O Partido Popular non atende as necesidades do pobo e, por riba, afoga cada vez máis as familias.”
“Todas as medidas que está aprobando tanto a Xunta de Galiza como o Goberno do Estado son un auténtico machadazo para servizos esenciais como a educación e a sanidade. Desde que o Partido Popular está no goberno non coñecemos ningunha medida pensada para mellorar o benestar dos cidadáns e axudar ás familias a superar as consecuencias desta situación de crise económica que, precisamente non provocaron elas.” – sentencia a responsábel comarcal do BNG da Mariña.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



