Burela, a 3 de maio de 2013. O alcalde burelés, José María González Barcia, xunto con concelleiro delegado de Obras, Manuel Fernández Valle, e técnicos do Concello, fixeron hoxe, a pé de rúa, un repaso á situación de determinados viais de Burela, para afrontar un rebacheo das zonas máis deterioradas.
González Barcia manifestou que “a dureza do inverno deixouse sentir no estado das rúas; pero aínda que a situación xeral das mesmas non é mala, hai zonas que si teñen certo deterioro, e sobre as que hai que actuar de cara ó verán”. Así, o alcalde indicou que “as actuacións máis urxentes serán acometidas antes das festas patronais, e as que poden agardar quedarán para despois”.
O concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, precisou que as “actuacións inmediatas serán nas rúas O Río na intersección con Arcadio Pardiñas; algúns tramos de Eijo Garay; Alvaro Cunqueiro e da Avda. da Mariña”.
Fernández Valle engadiu que “xa no verán, actuaremos noutros puntos da rede viaria local. O estado xeral do firme das rúas do noso concello non é malo, pero hai zonas moi castigadas pola intensidade do tráfico, o que xunto co rigor do inverno que acaba de rematar fai necesario que se actúe para evitar unha maior degradación”.
Finalmente, González Barcia manifestou que “a xestión do bipartito, dous anos despois, segue a deparar sorpresas, e non precisamente agradables. Esto era a casa de tócame, Roque, porque se gastaron os cartos alegremente e agora resulta que hai infraestruturas que non funcionan, porque se fixeron e nunca chegaron a usarse ou non se mantiveron con xeito. En próximos días teremos pechado un estudio sobre estas cuestións e daquela será o momento de falar”.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



