O portavoz de Pesca do GPP, Joaquín García Díez, sinalou hoxe que detrás do acordo alcanzado este xoves en Bruxelas polas institucións comunitarias na reforma da PPC se atopa “o traballo riguroso en defensa do sector pesqueiro español que levou a cabo o Goberno de España nos últimos meses”.
“Impónse a prudencia e o sentido común que poñían en perigo posicións radicais con importante sesgo medio ambientalista”, dixo García Díez horas despois de coñecer que o Parlamento Europeo aceptou con lixeiras modificacións o texto proposto polo Consello de Ministros de Pesca.
Este acordo -alcanzado pola Comisión, o Consejo e o Parlamento europeos-, permite desterrar as propostas iniciais que resultaban inasumibles polo sector pesqueiro español e que suporían un duro golpe difícil de remontar.
“Conséguese compatibilizar a sostibilidade medio ambiental coa social e económica, algo polo que España loitou sempre”, afirmou García Díez.
O portavoz popular ve tamén positivo que o sector pesqueiro recoñecera xa como aspectos positivos da reforma aprobada onte os temas relacionados coas Organizacións Rexionais de Pesca ou a flexibilidade introducida en alcanzar o RMS (rendimiento máximo sostenible) en 2015, cuestións largamente demandadas dende España.
Finalmente, para o portavoz popular resulta importante destacar o recollido en materia de descartes, onde finalmente non se cruzaron as liñas vermellas que España marcou; xa que permitirá introducir unha flexibilidade na maneira de xestionar, permitindo capturar especies accesorias das que non temos cota e que poderán computarse contra a cota da especie principal, algo que ven a representar unha maneira de romper o principio de estabilidade relativa polo que ven loitando España dende fai anos.