Este xoves, en Radio Valadouro, realizaron un debate sobre a LOMCE, no que estiveron presentes Karina Parga, Vicedirectora do instituto Perdouro de Burela; Ramón Casas, Vicedirector do instituto “Illa de Sarón” de Xove, e Rafael Borrás, Xefe de Estudos do instituto de Foz. Tamén foron entrevistadas por Sabela Quirós na sección de Xuventude dúas xogadoras do Burela Pescados Rubén de fútbol sala, recentemente proclamadas campioas da Liga e da Copa de España de fútbol sala (Haydée Agra e Lara Balseiro). Matías Nicieza entrevistou a Oliva Cabanas, Presidenta da Comisión de Festas da Virxe do Carme de Burela.





















A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



