Lugo 20 de maio de 2013.- Logo de votar a favor da dotación de fondos reintegrables na súa totalidade co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do club deportivo en Sociedade Anónima Deportiva, a voceira do GPP, Elena Candia, manifestou o apoio ao resto dos clubs da provincia, especialmente a aqueles que apostan a prol do deporte base, para que teñan un apoio da entidade provincial na medida das súas necesidades.
Candia manifestou o compromiso dos populares na loita do reparto xusto e respectando os principios de legalidade nas subvencións e a petición de maior rigor e equititividade nas subvencións nominativas.
A voceira do PP criticou a incoherencia dos nacionalistas, quenes na sesión plenaria de esta mañá votaron en contra da dotación de fondos reintegrables co obxecto de obter o capital necesario para a transformación do club deportivo Lugo en SAD, e sen embargo dende o ano 2009 destinaron máis de 4.175.000€ ao S.A.D Breogán sen deixalo saneado.
Concluíu Elena Candia manifestando un ofrecemento de pacto para solventar os problemas dos Concellos e manifestou a súa disposición para aprobar toda iniciativa que permita resolver os problemas da provincia.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



