Adxudica os servizos relativos aos albergues de Viveiro e Portomarín e os campamentos de Ribadeo e Palas de Rei.
A Xunta oferta en Lugo preto de 2.000 prazas dentro da campaña de actividades dirixidas á mocidade.
Lugo, 13 de maio de 2013.- A Consellería de Traballo e Benestar investirá 223.000 euros na restauración, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo que acollerán os campamentos de verán.
A consellería ven de licitar hoxe no DOG o contrato para os albergues xuvenís Area, en Viveiro, e Benigno Quiroga en Portomarín, e os campamentos A Devesa, en Ribadeo, e Os Chacotes en Palas de Rei. Estas serán, xunto co LUG II -na capital-, as sedes lucenses dos campamentos para a mocidade que organiza a Xunta ao longo dos meses de xullo e agosto.
O contrato estenderase dende o 17 de xuño ata o 3 de setembro, de xeito que a empresa adxudicataria farase cargo da posta a punto das instalacións cara á apertura e da limpeza e mantemento durante o período de desenvolvemento dos campamentos.
A Xunta de Galicia convocou este ano 1.968 prazas en Lugo dentro das actividades da Campaña de Verán, incrementando a oferta en case un 5% con respecto á do ano 2012. A oferta global para a mocidade galega ascende a case 8.200 prazas, que comprende tanto instalacións da Xunta en distintos concellos de Galicia como estancias noutras comunidades autónomas e mesmo en países estranxeiros.
A Campaña de Verán xera preto de 900 postos de traballo en Galicia. Polo que respecta á provincia de Lugo, prevese un volume de arredor de 225 persoas contratadas, entre monitores, persoal sanitario, persoal de cociña ou limpeza de instalacións, na súa gran maioría xente nova.
Igualmente, os campamentos contribúen a dinamizar económica e socialmente as localidades que os acollen. Nesta liña, cabe subliñar que Os Chacotes acollerá na segunda quincena de xullo un campo de traballo de ámbito internacional -New Emprende-, no que os participantes farán un estudo emprendedor que teña que ver co tecido empresarial da zona e no que se impliquen persoalmente coa mocidade do entorno para a súa dinamización.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



