Santiago, 22 de maio de 2013.- A Consellería de Medio Ambiente colabora co Concello de Lourenzá no desenvolvemento de actuacións para o fomento da conservación, defensa e promoción do medio natural de Galicia. Ambas administracións queren celebrar desta forma a Semana do Medio Ambiente 2013.
Esta celebración está contemplada no convenio de colaboración que o pasado mes de marzo renovou a consellería coa Fundación “La Caixa”, e que ten coma obxecto o desenvolvemento de accións de mellora nos espazos naturais para lograr uns sistemas ecoloxicamente máis valiosos e estables no territorio da comunidade autónoma galega.
Actuacións a desenvolver
As accións que están a xestionar o Concello e a Consellería de Medio Ambiente, a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, teñen lugar no municipio de Lourenzá.
Dende o pasado sábado 20 de maio se está a desenvolver a participación de alumnos de 3º ciclo de primaria do CEIP Juan Rei de Lourenzá e os alumnos de ESO e BAC do IES San Rosendo de Mondoñedo nun concurso de fotografía “A natureza na Mariña Lucense”, co que se dará a coñecer o patrimonio natural e a biodiversidade da zona. Os participantes poderán entregar as súas fotografías ata o 1 de xuño que o xurado premiará por categorías.
Outras das actuacións que o Concello e o Goberno autonómico teñen previsto é unha Xornada de limpeza do río Masma e do río Baos ao seu paso por Lourenzá o próximo 1 de xuño. Para elo contarase coa presenza de voluntarios do Concello, da Asociación de pescadores do río Masma e da Fundación “La Caixa” co fin de mellorar o espazo fluvial.
A celebración da Semana do Medio Ambiente 2013 rematará o 11 de xuño coa entrega de premios do concurso fotográfico e unha conferencia do Dr. Miguel Delibes de Castro, profesor de investigación de CSIC, ex-Director da Estación Biolóxica de Doñana e actual Presidente do Consello de Participación de Doñana.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



