Lugo, 07 de xuño de 2013. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou esta mañá a saída da Deputación do accionariado da SAD Breogán, feito que se formalizará segundo adiantou o vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antonio Veiga, ao longo dos meses de xullo e agosto, coincidindo co proceso de venda dos abonos de 2013-14, momento no que se procederá a enaxenar o paquete accionarial da Deputación como paso previo á doazón entre os abonados da SAD Breogán.
Antonio Veiga anunciou que se aprobou na Xunta de Goberno unha axuda excepcional de 205.000 euros coa finalidade de reequilibrar patrimonial e financeiramente as contas da entidade porque, tal e como indicou Veiga “o noso compromiso de saída do accionariado do Breogán vai acompañada da eliminación da débeda e, polo tanto, deixamos o club sen cargas”.
Veiga afirmou que “neste proceso, queremos deixar claro que o noso obxectivo é evitar a deslocalización do club e que o Breogán siga sendo dos e das lucenses. Por iso, o proceso contempla unha enaxenación das accións que son da Deputación, un requisito imprescindible para pasar un ben público a privado, momento no que un auditor valorará as accións segundo o prezo de mercado. Unha vez estabelecido o prezo, farase unha oferta pública coas condicións e limitacións precisas para evitar a deslocalización e que alguén poida facerse cunha parte importante. Logo as accións non enaxenadas pasarán a ser dadas en doazón aos abonados (50 accións por abono) respectando a preferencia de antigüidade (ser abonados da temporada anterior ou de antes) e respectando a orde de formalización de abonos da temporada 2013-14.
Segundo indicou Veiga “esta decisión responde á vontade de evitar a deslocalización do club, a impedir a concentración accionarial e, particularmente, a que o Breogán volva a ser propiedade dos afeccionados, isto é, dos homes e das mulleres que acompañan a equipa a cada partido no Pazo dos Deportes e tamén nos seus desprazamentos. O Breogán seguirá sendo de Lugo, porque é o que queremos todos”.
Por outra banda, tamén se informou da aprobación de dous convenios, co Concello de Monforte e o Concello da Pobra de Brollón, para desenvolver dous programas destinados a fomentar iniciativas culturais entre a mocidade, no caso de Monforte, e a promover actividades culturais para a poboación do rural, no caso da Pobra de Brollón.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
