Os alumnos da Escola e Imaxe e Son da Fundación TIC, organismo dependente da Deputación de Lugo, darán a coñecer este xoves día 20 a todos os lucenses o traballo que desenvolven no centro educativo coa celebración da segunda xornada de portas abertas, Abertic. Tras o éxito acadado na primeira edición, e coincidindo co remate do curso escolar 2012/2013, os estudantes, acompañados polo equipo docente e técnicos da TIC, realizarán numerosas actividades ó longo do día, coas que introducirán ós asistentes ó evento no mundo da Imaxe e do Son e das novas tecnoloxías. A entrada é gratuíta.
O programa Abertic comezará ás 11:00 horas, coa recepción dos asistentes os cales poderán posar no “photocall” situado á entrada, e prolongarase ata as 20:00 horas. Haberá actividades tanto nos exteriores como nos interiores do recinto educativo, situado na rúa Frei Plácido Rei Lemos de Lugo. Os participantes recibirán, ademais, varios agasallos que se repartirán ó longo de toda a xornada.
Obradoiros de radio, televisión, fotografía e vídeo
Haberá obradoiros de radio, televisión e teatro, cos que os participantes descubrirán e formarán parte dun programa de radio en directo; coñecerán os segredos da televisión; retocarán fotos e vídeos que tamén poderán compartir nas redes sociais. Por exemplo, os vídeos iranse subindo ó canal que a Fundación TIC ten no “Youtube”.
Espectáculos, teatro e proxeccións
Entre as moitas novidades deste ano, destaca a música en directo que ofrecerá o grupo lucense de estilo indie/rock “Winter in Berlín” e o Dj Alejandro Losada dende a terraza da EIS. O obxectivo é reproducir una mostra do FIBES, o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros, unha iniciativa pioneira en Galicia, organizada o pasado 10 de maio polos alumnos de primeiro da Escola na cidade con grande éxito. Os estudantes tamén representarán a 1º escena da obra teatral do sevillano Alejandro Butrón “Apoloxía do cuarto de baño”. Na sala audiovisual da Escola, proxectaranse de forma ininterrompida os traballos realizados ó longo do ano nas aulas, así como as prácticas en escenarios reais, que foron fundamentais para acadar una formación de calidade que atenda á demanda actual que esixe no mercado laboral.
Entrega de diplomas
Como colofón ó evento, o Presidente da Fundación TIC e da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, fará entrega dos diplomas ós novos titulados en Imaxe e Son da 9ª promoción que cursaron estudos no período académico (2011-13). Ademais, informarase da oferta formativa da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, cara ó proceso de matrícula para o vindeiro curso que se abrirá nas vindeiras semanas.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



