Ribadeo, 21 de xuño de 2013. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo vai camiño de pechar o curso 2012/13. Faráo de xeito oficial este sábado, a partir das 18:00 horas no auditorio municipal Hernán Naval, coa celebración do festival de fin de curso, que nesta ocasión está dedicado ás bandas sonoras dun feixe de películas que, a bo seguro, non pasarán desapercibidas para o público asistente.
“Seguimos o camiño iniciado nos últimos anos de realizar festivais temáticos porque funcionan moi ben a nivel musical e permiten moita versatilidade á hora de traballar coas agrupacións”, sinala Hugo García Presno, director do centro. Desta volta a temática escollida é a cinematográfica. As diferentes agrupacións que pasarán polo escenario do auditorio municipal Hernán Naval interpretarán música das bandas sonoras de filmes como El Rey León, La Sirenita, Chicago, Indiana Jones, etc. “Será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concebido para que o disfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nos decorados, nas presentacións”, apunta Hugo García.
O director do centro valora de maneira moi positiva o curso 2012-2013 e “considera que é preciso seguir traballando tal e como o vimos facendo ata o de agora para manter e aumentar o nivel formativo e máis a calidade das actividades que organizamos”.
Antes de pechar o mes de xullo, a EMMeD de Ribadeo celebrará unha xornada de portas abertas na que o profesorado do centro explicará as distintas disciplinas que se imparten no mesmo, incluíndo unha pequena clase práctica. Será os días 26 e 27 de xuño entre as 16:00 e as 20:00.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



