Cervo, 8 de xuño de 2013-O Concello de Cervo anunciou hoxe que este mércores día 12 executaranse os traballos de mellora da cobertura de TDT no centro reemisor de Monte Buio, onde se producirá a instalación de novos equipamentos técnicos que substituirán aos anteriores. Unha medida “coa que se dará solución aos fallos puntuais no sinal de televisión que se viñan producindo na parroquia de Rúa”, á que dá cobertura este reemisor, explica o alcalde de Cervo, Alfonso Villares.
Ademais, hai que ter en conta que este repetidor é tamén o encargado de dar sinal de televisión ás parroquias de San Román, Cervo e Sargadelos, ademais de Rúa, polo que este cambio virá a optimizar a cobertura de TDT en todas estas zonas e que en total afectará a uns 1.300 habitantes. Unha mellora que financia e promove a Xunta de Galicia e na que inviste 40.000 euros.
Ante a inminente realización destas tarefas, a administración cervense quere informar a toda a veciñanza das parroquias mencionadas que durante a xornada do mércores, entre as 12:00 a as 19:00 horas, producirase un corte na emisión de televisión, imprescindible para poder levar a cabo esta medida. Neste sentido dende o Concello queren pedir desculpas á veciñanza polas molestias que se poidan causar, pero ao mesmo tempo lembran que “con isto conseguirase un importante avance na cobertura de televisión das catro parroquias” engade o rexedor.
O Concello tamén informa de que unha vez rematados os traballos de instalación do novo equipamento, os veciños afectados terán que volver a sintonizar as canles dos seus televisores. Aínda así, matizan que a resintonización só terán que facela a primeira vez que acendan a televisión.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



