Sábado 8 de xuño. ADEGA organiza a limpeza simultánea de praias, hoxe e mañá haberá limpezas en máis de 20 areais dende Baiona ata Burela. Serán actos de educación e voluntariado ambiental para mudar conciencias e reivindicar políticas de reciclaxe e reutilización no día mundial dos océanos. Trinta entidades de todo tipo participarán nesta actividade simultánea.
A maioría das cousas que usamos ou consumimos están feitas con algún material plástico, un material feito para durar sempre pero que utilizamos durante un período de tempo limitado, moitas veces ínfimo. A mentalidade do usar e tirar é relativamente recente, se o pensamos ben, non fai moito os recipientes da maioría dos produtos eran reutilizables (vidro, aluminio…) e duraban moito máis. Actualmente recupérase só un 5% do plástico producido mundialmente (225 millóns de toneladas anuais). Un 50% remata en vertedoiros ou incinerado, e unha grande parte “desaparece” no medio, moitas veces nos océanos.
A contaminación por plástico é un grave problema que afecta aos ecosistemas mariños. Estes residuos causan a morte de máis dun millón de aves mariñas, e de 100.000 mamíferos mariños e tartarugas cada ano. Estes animais confunden o plástico (tapóns, bolsas, etc.) con alimento e acaban morrendo de inanición cos estómagos cheos de lixo. Outros acaban enredados nestes residuos e morren igualmente.
No océano hai plásticos que flotan e outros que afunden. A luz do sol acaba fragmentando e converténdoo en pequenas partículas que nunca desaparecen. O microplástico tamén chamado “plancto plástico” está formado por pequenas partículas que atraen substancias como DDT, PCB ou outros pesticidas daniños para a saúde, incrementando os seus niveis e polo tanto a súa perigosidade. É por iso que os pequenos plásticos no océano non son inocuos. Estas substancias altamente canceríxenas acaban pasando a cadea trófica en peixes que viven libres nos océanos, e que rematan nos nosos pratos, afectando directamente á nosa saúde.
Ante esta grave problemática ambiental dende ADEGA convidámoste a pasar á acción. O máis importante nesta loita é mudar os hábitos e reducir día a día o consumo de plástico, utilizando bolsas de tea, comprando a granel, rexeitando os produtos con varios embalaxes innecesarios, mudar as botellas de auga por cantimploras…
Cada ano celebrando o día dos océanos ADEGA convoca unha limpeza simultánea de praias en toda Galiza. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 praias en todo o litoral galego mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos.
Podes ver as limpezas convocadas e unirte a algunha ou organizar unha coa túa asociación ou grupo de amigas e amigos.
Na limpeza simultánea de praias están inscritas as seguintes entidades:
|
CONCELLO |
Colectivo |
PRAIA |
|
A Coruña |
ADEGA-Coruña e Plataforma pola defensa da ría de Sada |
Praia de Morazón |
|
Baiona |
Concello de Baiona |
Praia de Baiona |
|
Burela |
IES Perdouro |
Perdouro |
|
Carnota |
Raínha Lupa, Plataforma pola defensa do Patrimonio de Quilmas e ADEGA- Costa da Morte |
Corna Becerra |
|
Fene |
ASPANEPS |
Praia de San Valentín |
|
Ferrol |
ADEGA Ferrolterra e Océano Surf Clube |
Doniños |
|
Fisterra |
IES Fin do Camiño |
Praia de Fisterra |
|
Fisterra |
Voluntariado e veciñanza |
Praia do Talón |
|
Laxe |
IES Baio-Zas |
Traba (Laxe) |
|
Miño |
GN Hábitat |
Praia da Alameda |
|
Muxía |
Programa de voluntariado do concello de Muxía |
Praia dos muiños |
|
Nigrán |
Prado Surf Escola |
Praia de Patos |
|
O Grove |
Riders Surf School |
A Lanzada |
|
O Grove |
IES As Bizocas |
Areal da Cruz |
|
Oleiros |
Oficina de Medio Ambiente da UDC |
Bastiagueriño |
|
Poio |
Plataforma Veciñal de Samieira |
Areal do Laño |
|
Porto do Son |
ADEGA – Nacional |
Queiruga |
|
Vigo |
Buceo Balea |
Marina Dávila |
|
Vigo |
Voces polo litoral de Teis |
A Lagoa |
|
Vilanova de Arousa |
IES A Basella |
Terrón |
|
Viveiro |
Van Surf School e A Estruga |
Praia de Viveiro |























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



