A deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, presentou esta mañá nos xardíns do Pazo de San Marcos a 4ª edición de Lugoteando, a iniciativa medioambiental de actividades lúdicas e deportivas para públicos de todas as idades, que busca potenciar o medio natural como factor xerador de riqueza para toda a provincia. Esta iniciativa, cofinanciada ó 80% polos fondos europeos FEDER a través do proxecto Lug02, ofrecerá 1.000 prazas totalmente gratuítas.
López Izquierdo destacou que “os recursos fluviais e litoriais da provincia ofrecen oportunidades de desenvolvemento económico que debemos poñer en valor. Lugoteando é unha das actividades que a Deputación organiza durante todo o ano, encamiñadas a potenciar o turismo e o ocio medioambiental coma oportunidade económica de primeiro nivel, que colleita maior éxito. De feito, López Izquierdo destacou que “a aceptación medra en cada edición. De feito, o ano pasado houbo a mesma cifra de inscritos coma nas dúas primeiras edicións xuntas e moitos dos participantes, xa antes de rematar as actividades, amosábanse interesados en saber se esta iniciativa se repetiría en vindeiras ocasións e se era posible reservar praza. “Isto danos a razón cando insistimos que o medioambiente ofrece alternativas de crecemento económico atraendo un turismo especializado de natureza, aventura e deporte, contribuíndo a crear postos de traballo, especialmente no rural, e axudando a fixar poboación”.
Actividades gratuítas
As actividades están pensadas para toda a familia e por primeira vez, son totalmente gratuítas. A oferta inclúe actividades acuáticas especialmente indicadas para practicar no mar, coma surf ou bananas acuáticas; e outras pensadas para o río, coma o paddle surf, que consiste en remar en pé sobre unha táboa de surf; sea scooter, un pequeno motor con hélices que permite mergullarse con facilidade; bolas acuáticas; paseos en canoa ou patinetes acuáticos a pedal, ideais para os máis pequenos.
Para os que prefiran permanecer en terra firme, tamén haberá posibilidades de ocio coma os paseos en diferentes vehículos, coma os segway, os skates a motor ou os longskate, pero tamén poderán practicar surf nun simulador que permite experimentar a sensación de cabalagar sobre as olas.
Datas e localizacións
O calendario previsto para as actividades e os lugares de celebración son os seguintes:
– 27 de xullo: A Pontenova e A Fonsagrada, no Pozo da Ola e na Praza do Museo, respectivamente
– 3 de agosto: O Valadouro, na praza de Ferreira do Valadouro
– 10 de agosto: Viveiro, no Clube Náutico
– 11 de agosto: Monforte de Lemos, no parque dos Condes
– 17 de agosto: Foz, na praia da Rapadoira
– 24 de agosto: Vilalba, na área recreativa da Madalena
– 1 de setembro: O Incio, na praza do Concello
– 7 e 8 de setembro: Lugo, na zona recreativa fluvial dos Robles
Como inscribirse
A inscrición en Lugoteando pode facerse dende hoxe a través da web www.deputacionlugo.org, ou ben in situ antes do comezo de cada actividade, no caso de que queden prazas dispoñibles. Nesta mesma páxina web ou no teléfono 982.26.01.47 poderán obter máis información. No caso dos menores de idade, terán que presentar unha autorización asinada dos pais ou titores, que tamén poden descargar na citada web.





















Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.



