A localidade de Burela acollerá o Campus de Ximnasia Rítmica Imdecum entre o 15 e o 25 de xullo. A iniciativa da Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña, que conta coa colaboración da Escola de Ximnasia Porta Norte, reunirá no pavillón Monte Castelo a alumnado de entre 6 e 17 anos en torno a un amplísmo programa de actividades que incluirá ximnasia rítmica, ballet, baile moderno, danza española, ximnasia estética e expresión corporal, pero tamén maquillaxe, elaboración de indumentaria para bailes, manualidades, excursións…
Xunto ás adestradoras da escola mariñá Porta Norte Nelly Bouso, Cristina Iglesias e Estefanía Lage, tamén figurarán entre o profesorado do campus Cristina Piñeiro, adestradora nacional de ximnasia rítmica e ximnasia estética de grupo, Estefanía Pérez, profesora da danza española da academia Las Zapatillas Rojas de Navia, e Amalia Fernández, bailarina da Academia Camargo.
Esta será a segunda edición do campus na que colaboren Imdecum e Porta Norte. En 2012 a citra reuniu máis dunha trintena de rapazas entre benxamín e cadete.
O prazo de inscrición estará aberto ata o venres 5 de xullo.