Burela, 7 de xuño de 2013. En Burela deron comezo os traballos de adecuación das praias de cara á tempada estival. A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, agarda que estean listas no prazo duns quince días.
A edil popular explicou que “durante a presente semana deron comezo as labores de adecuación e preparación das praias de Burela de cara ao verán, en concreto estase procedendo á explanación da area tanto no areal da Marosa como na do Portelo, a través de operarios de Tragsa”.
López Eijo anunciou que “nos vindeiros días procederase a instalar todos os elementos imprescindibles para o uso e disfrute das praias: duchas, sombrillas, lavapés… E confiamos en que a finais de mes os areais estarán listos para recibir á xente”.
“Non hai novidades nos equipamentos con respecto á pasada campaña, agora mesmo as praias de Burela están ben dotadas, contan con boas infraestruturas. Vaise proceder á renovación dalgunhas duchas porque estaban rotas ou inutilizadas”, engadiu a concelleira de Medio Ambiente.
Patricia López Eijo agradécelle á Dirección General de Costas “o seu trato e a súa atención porque a explanación da area nas praias sen a súa colaboración non sería posible”.