Iria Castro: “Depender esclusivamente desta especie podería supoñer unha baixada do prezo e un perigo no caso dunha praga similar á que sufren agora os piñeiros”
Lugo, 27 de maio de 2025. O BNG sacou adiante no pleno provincial unha moción na que insta á Xunta de Galicia a manter a moratoria do eucalipto ata 2030. A deputada Iria Castro defendeu a iniciativa, que reclama á Xunta de Galiza unha xestión activa do monte que garanta a creación de riqueza e emprego no país.
“O BNG non está en contra do eucalipto, pero non podemos camiñar cara un sector forestal que dependa exclusivamente desta especie, porque iso podería supoñer unha baixada do prezo e un perigo no caso dunha praga similar á que sufren agora os piñeiros”, explicou.
A deputada nacionalista lembrou que “Galicia acumula o 50 por cento das cortas de eucalipto do Estado, pero só un 13 por cento da facturación e do emprego”, poñendo negro sobre branco as eivas da política forestal da Xunta de Galiza.
“O que pedimos con esta moción é que se poñan en marcha os mecanismos xa establecidos nas normas e nos plans estratéxicos deseñados pola propia Xunta de Galiza e se mire dun xeito positivo e innovador para o sector forestal”, concluiu a deputada.
A moción, aprobada cos votos de BNG e PSdG, contempla o mantemento da moratoria do eucalipto no marco doutras demandas para desenvolve un monte funcional e que xere riqueza e emprego , apostando pola ciencia a e innovación para solucionar problemas como de sanidae vexetal como a mancha do piñeiro e por actividades económicas que pechen o ciclo produtivo da madeira no país.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



