Éxito da charla sobre preferentes e subordinadas celebrada onte en Ribadeo organizada por ACISA. O salón de actos da Casa Sindical estivo repleto para escoitar as explicacións dos abogados lucenses Miguel Fernández Freire e Patricio Viveiro Fernández, expertos nesta materia que recomendaron ós afectados acollerse ó canxe por diñeiro ofrecido por Nova Galicia Banco para non quedarse en ningún caso con accións desa entidade bancaria. Os letrados tamén insistiron na conveniencia de aceptar as condiciones plantexadas ós que son chamados para a arbitraxe, porque é a mellor solución. Ademais explicaron que aqueles afectados que non foron convocados para a vía arbitral deben analizar a posibilidade de presentar unha demanda xudicial, que non compensa en todos os casos, segundo aclararon. A de onte foi a segunda charla sobre preferentes e subordinadas que organizou a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.
