A Casa das Letras de Ribadeo acolleu na tarde do pasado venres un acto para conmemorar o día da plástica. O mesmo foi organizado polo Concello e consistiu nun relatorio denominado 3 Camiños da arte na Mariña, no que participaron os artistas Celso Dourado, Xoan Guerreiro e Caxigueiro. Ducias de persoas se deron cita para escoitar a estes tres mariñáns que falaron de pintura e escultura.
