Xornada histórica e para enmarcar a vivida onte en Vilagarcía de Arousa dos atletas das E.D. Lourenzá Mondoñedo. Admirados quedamos cando a mindoniense Ainara Rodríguez abría o camiño dos títulos galegos desta xeración o ano pasado en Ferrol no Campionato de 50 lisos; pero o de onte confirma o bo momento desta xeración de ouro: para enmarcar despois dos impresionantes resultados conseguidos que nos sitúan á par da élite galega.
Ana Vallines Fernández, CAMPIOA GALEGA DE 2000 METROS LISOS(AV. FEMININO).
Con un tempo de 7,41,59 (baixaba en 8 segundos a mellor marca persoal do ano) e ganaba o título autonómico a atleta de Sto. Tomé. Impresionante carreira na que mandou de principio a fin.
Hugo Rodríguez Pardo, CAMPIÓN GALEGO DE PESO (AV. MASCULINO).
Con un lanzamento de 8,38 ganaba Hugo por segunda vez o título autonómico en peso sendo o único atleta que pasaba dos 8 metros. Hugo obtiña ademáis a 5ª posición en pelota con un lanzamento de 25,46.
Bruno Santos Díaz, SUBCAMPIÓN GALEGO DE PESO (AV. MASCULINO).
Gran traballo con un lanzamento de 7,46 que obtiña unha meritoria medalla de prata.
Adnan Itrih, SUBCAMPIÓN GALEGO DE PELOTA (AV. MASCULINO).
Lanzamento de 29,33 co que quedaba a escasos centímetros do ouro. Adnan era ademáis 7º en peso con unha marca de 6,60.
Ainara Rodríguez Ares, BRONCE EN 1000 (AV. FEMININO).
Na mellor carreira do campionato coas 5 mellores atletas do momento no medio fondo Ainara non defraudou e obtiña un meritorio bronce baixando en 4 segundos a súa mellor marca do ano con un tempo de 3,32,74. Ainara sería tamén a primeira da súa xeración, o 2003.
Ademáis, Aleix Díaz remataba en 7ª posición na final dos 500 lisos Alevín Masculino rebaixando en 3 segundos a súa mellor marca persoal con un tempo de 1,36,39; sendo ademáis o segundo da súa xeración de primeiro ano, o 2003. E para finalizar Julia Córdoba obtiña o posto 14 en Peso Alevín Feminino con un concurso de 5,29.
Colexio Martínez Otero
A atleta do Martínez Otero, Ana Fernández Fernández, quedou tamén Campioa Galega en Lanzamento de Pelota Benxamín Feminino; con un mellor lanzamento de 5,30.




















A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
