Barreiros, 6 de xuño de 2013. Nas últimas horas entrou en funcionamento a nova rede de abastecemento de auga desde a depuradora da Barranca ata o centro de San Miguel. Segundo explica o alcalde, Alfonso Fuente, trátase dunha nova canalización que substitúe á de fibrocemento vella e que mellorará o subministro ás parroquias de San Cosme, San Pedro e Reinante. O rexedor pide disculpas polos problemas xurdidos, xa que nalgún momento a auga saíu turbia. O investimento nestas obras, que se prologaron por espazo dun mes, ascendeu a 200.000 euros.
Fuente Parga relatou que “onte en Barreiros entraba en servizo a nova de rede de abastecemento de auga desde a depuradora da Barranca ata o centro de San Miguel. Trátase dunha canalización de maior sección que substitúe á vella que era de fibrocemento, que daba moitos problemas e que rexistraba moitas fugas”. Para o alcalde barreirense “despois de ter limpado o embalse e de ter mellorado a depuradora de San Miguel había que facer esta obra para achegar a auga en maior caudal a San Miguel. Pero non só a esta zona, xa que esta depuradora é capaz de abastecer tamén ás parroquias de San Cosme, San Pedro e Reinante. Estase a dar servizo a toda a costa, cunha auga que ven por peso, por caída e que ven desde o río”.
O rexedor pediu disculpas “polos problemas que se produciron na tarde de onte e que seguiron esta mañá porque a moita xente lle saíu a auga turbia, debido ao barro que contiña a canalización tras acometer as obras pertinentes. Quero pedirlles aos veciños que si ven que lles sae a auga turbia, que abran un pouco as billas para ir purgando pouco a pouco a rede. Este é un inconveniente xurdido de ditas obras na rede”.
Alfonso Fuente Parga subliñou que “estas obras se acometeron agora para que no verán non se produzan problemas, teñamos maior caudal de auga e en mellores condicións. A canalización de fibrocemento había que sacala porque era obsoleta e incluso se recomenda o seu cambio por motivos sanitarios”.
O investimento ascendeu a preto de 200.000 euros. Agora restan as obras de acondicionamento da cuneta, que se preparará en formigón para ir rematando coa totalidade destes traballos. O alcalde de Barreiros engadiu que “esa nova canalización ven directa desde a depuradora ata o centro de San Miguel sen entronque ningún, a diferenza da vella que tiña os entronques de todas as casas da zona da Barranca, agora esas casas van por outra canalización independente. Cando antes se producía unha fuga nun entronque dun veciño da Barranca había que cortar o subministro a toda a parroquia, pero agora iso non pasará”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



