A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana presidiu a toma de posesión do novo presidente da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, José Manuel Vilariño. Ademais da dársena portuaria de Ferrol, esta entidade xestiona o porto de interese xeral de San Cibrao, entre os concellos de Cervo e Xove e que, a día de hoxe, é unha concesión administrativa exclusiva da factoría Alcoa, onde sirve de apoio á súa actividade industrial. O resto das dársenas portuarias da Mariña lucense son xestionadas por Portos de Galicia
