Burela, 22 de xuño de 2013. O alcalde e presidente da Fundación Expomar, José Mª González Barcia, asistirá o vindeiro martes en Santiago a unha xuntanza na Consellería do Medio Rural e Mar para analizar a posible presenza do sector pesqueiro galego nalgún evento similar a Expomar que se poida organizar en Cabo Verde.
O rexedor explicou que “se trata dunha reunión que convocou a Consellería do Medio Rural e do Mar a raíz precisamente da xuntanza que tivemos en Burela coa delegación caboverdiana que estivo en Expomar, e na que se falou da posible organización dun evento similar no país africano. A intención da Consellería é falar cos axentes e institucións implicadas con intención de estar presentes en Cabo Verde e ver a fórmula para articular entre todos a presenza destas organizacións no país africano”.
González Barcia relatou que “por parte de Burela asistiremos a xerente da Fundación Expomar, Catalina Sánchez Luengo, e eu como presidente da Fundación Expomar e como alcalde de Burela. En principio nosoutros vamos coa intención de aportar todo o que sexa preciso á potenciación da presenza do mundo da pesca galega, e concretamente de Burela, en Cabo Verde e evidentemente a nosa idea é participar en todo o que a Xunta de Galicia poda propoñernos”.
Para o alcalde burelés “a situación económica non é boa, pero supoño que a Xunta saberá articular os medios precisos para que esta presenza sexa factible. Non é Burela a única parte interesada en estar en Cabo Verde. Os armadores da zona sur, como os A Guarda, Pontevedra, etcétera, teñen tamén intereses alá e é probable que algunha empresa máis se poida sumar”. E lembrou que “nós mantivéramos un contacto co cónsul de Cabo Verde na Coruñapara estudar a posibilidade de que empresas galegas que teñen ámbito de actuación en Burela puidesen tamén estar presentes en Cabo Verde”.
José Mª González Barcia espera e confía en que da reunión do martes “saia polo menos un calendario de traballo e unha fórmula de articulación de todas as organizacións e institucións que queremos, dunha forma ou doutra, estar presentes en Cabo Verde. E a partires de aí haberá que empezar a traballar. Vamos a ver que prazos nos marca a Consellería, pero a nosa intención é que se podemos estaremos. E todos os condicionantes van estar marcados polo aspecto económico, evidentemente”.
Baloncesto
O próximo mércores, 26 de xuño, ás cinco da tarde o equipo de goberno do Concello burelés manterá unha reunión coa xunta directiva do Club Baloncesto Burela “para estudar as posibilidades de axuda de cara á próxima tempada e, se eles o estiman oportuno, a nosa intención é recibir ao equipo feminino que ascendeu este ano á Primeira Autonómica”.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



