Foz, 7 de xuño de 2013. Unha delegación de militantes e cargos orgánicos e institucionais do Bloque Nacionalista Galego, encabezada por Federico Gutiérrez Estoa, membro da Executiva Comarcal, ocupou a oficina de Facenda de Foz para denunciar a política fiscal que está a levar a cabo o goberno do Estado e que pretende cargar toda a presión fiscal sobre as clases traballadoras, que representan a maioría social, en beneficio das grandes fortunas.
Segundo explicou Estoa “desde que comezou a crise económica, na mesma proporción que se ían suprimindo determinados impostos, como o imposto sobre o patrimonio, que gravaba a aqueles que máis teñen, paralelamente se ían poñendo en marcha políticas en materia fiscal e económica que prexudicaban directamente ao conxunto da cidadanía”.
“Exemplo diso – continuou Estoa- é a suba de impostos indirectos, como o das persoas físicas ou o IVE, que afecta directamente ao consumo e, en consecuencia, retrotrae a demanda interna. En definitiva, desde que están no goberno, os populares están a desenvolver unha política fiscal que fai bo o lema da nosa campaña: ‘Non é unha crise. É un roubo!’.
Asemade, dende o BNG acusan ao goberno do Estado de utilizar a crise como coartada para impoñer un modelo determinado de centralización en base ao reforzamento das competencias nas capitais de provincia. Neste senso, Estoa insistiu en que “o Ministerio de Facenda está desmantelando as pequenas oficinas da Axencia Tributaria como é o caso da de Foz, na Mariña, ou a de Monforte, na zona Sur de Lugo, e concentrando os servizos na capital. Parécenos absolutamente irracional que a folla de ruta última do goberno do Estado pase por pechar a oficina de Facenda de Foz xa que isto vai na dirección de separar os servizos da cidadanía”.
Por todo isto, dende o BNG, a través da súa campaña “Non é unha crise, é un roubo!” pretende mobilizar ás mariñás e aos mariñáns fronte a estas políticas de recorte e austeridade que está a exercer o Partido Popular e que “forman parte dunha estratexia de desmantelamento dos servizos públicos nas comarcas, así como dos dereitos básicos da súa poboación”.





















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



