O vindeiro sábado, ás 20,30 horas, no Auditorio Municipal de Mondoñedo, o grupo de teatro O Bordelo de Cervo porá en escena a súa última comedia titulada “Abordelar”, orixinal do seu director Francisco Piñeiro, pechando así o ciclo “No mes de San Xoán teatro ó serán” organizado ó longo de todos os sábados do mes pola Concellería de Cultura do Concello e patrocinado pola Área de Cultura da Deputación Provincial.
